Na última clase de mimo imos a facer a avaliación das vosas propostas. A avaliación terá en conta tanto a proba final coma o traballo, a evolución e a progresión que cada un de vos acadou ao longo das sesións de traballo. Para iso, os criterios de avaliación serán os seguintes:
- Participación activa nas sesións.
- Iniciativa e creatividade.
- Capacidade expresiva.
- Traballo e esforzo persoal e en grupo.
- Calidade e claridade da ficha entregada
- Valoración da proba final.
A proba final consitirá na representación, nos grupos que decidimos, de calquera das propostas seguintes:
- Un conto ou fábula: pode haber un narrador que a vaia contando mentras que o resto das persoaxes a escenifican. Poden facerse modificacións de historias xa contadas.
- Canción escenificada: representar en mímica a letra dunha canción. Pode facerse dentro dunha coreografía, pero esta non pode ser o unico elemento. O importante e a historia que contedes co corpo.
- Tema libre: representar unha historia de libre creación.
Algunhas cuestións que tendes que ter en conta:
- Todos os integrantes do grupo deben ter un papel activo na representación.
- Valorarase a imaxinación, a cretaividade e o traballo en equipo.
- Poderá usarse todo omaterial do que dispomos para crear escenarios, situacións, etc pero sempre buscando usos diferentes aos que ten normalmente.
- Poderase utilizar vestiario, elementos decorativos, maquillaxe, música, etc.
- A ficha da vosa proposta ten que ser presentada con antelación co fin de preparar todo material e necesidades.
- A representación dede durar entre 2 e 3 minutos.
Os aspectos que se van a valorar son os seguintes:
- Preparación.
- Orixinalidade e creatividade.
- Linguaxe corporal en xeral.
- Si fose un conto ou unha historia, valoración do rol de cada persoaxe.
Read more...