FICHA DA PROPOSTA DE MIMO

Aqui vos deixo o enlace á ficha tipo que tendes que cubrir e entregar en clase tan axiña como poidades, unha vez que teñades claro cara onde vai a ir a vosa proposta. Pinchade na imaxe.

Read more...

AVALIACIÓN DA UNIDADE DE MIMO

Na última clase de mimo imos a facer a avaliación das vosas propostas. A avaliación terá en conta tanto a proba final coma o traballo, a evolución e a progresión que cada un de vos acadou ao longo das sesións de traballo. Para iso, os criterios de avaliación serán os seguintes:

  • Participación activa nas sesións.
  • Iniciativa e creatividade.
  • Capacidade expresiva.
  • Traballo e esforzo persoal e en grupo.
  • Calidade e claridade da ficha entregada
  • Valoración da proba final.
A proba final consitirá na representación, nos grupos que decidimos, de calquera das propostas seguintes:
  • Un conto ou fábula: pode haber un narrador que a vaia contando mentras que o resto das persoaxes a escenifican. Poden facerse modificacións de historias xa contadas.
  • Canción escenificada: representar en mímica a letra dunha canción. Pode facerse dentro dunha coreografía, pero esta non pode ser o unico elemento. O importante e a historia que contedes co corpo.
  • Tema libre: representar unha historia de libre creación.
Algunhas cuestións que tendes que ter en conta:
  • Todos os integrantes do grupo deben ter un papel activo na representación.
  • Valorarase a imaxinación, a cretaividade e o traballo en equipo.
  • Poderá usarse todo omaterial do que dispomos para crear escenarios, situacións, etc pero sempre buscando usos diferentes aos que ten normalmente.
  • Poderase utilizar vestiario, elementos decorativos, maquillaxe, música, etc.
  • A ficha da vosa proposta ten que ser presentada con antelación co fin de preparar todo material e necesidades.
  • A representación dede durar entre 2 e 3 minutos.
Os aspectos que se van a valorar son os seguintes:
  • Preparación.
  • Orixinalidade e creatividade.
  • Linguaxe corporal en xeral.
  • Si fose un conto ou unha historia, valoración do rol de cada persoaxe.

Read more...

GRUPOS DE TRABALLO MIMO

Bos días alumnos,

aqui vos deixo os grupos para traballar o contido de mimo. Pronto vos darei máis instruccións e vos pasarei a ficha que tendes que cubrir.

1º A                                                            

GRUPO I
Sandra
Gala
Iago
Juanjo

GRUPO II
Marina
Nerea
Cristian
Manuel

GRUPO III
Ilenia
Alejandra
Javier
Domingo

GRUPO IV
Andrea
Noelia
Rodrigo
Maikel

GRUPO V
Tamara
Sergio
Jose Manuel
Nando


1º B                                                                 

GRUPO I
Nuria
Lorena
Enrique
David
Estefanía

GRUPO II
Sergio
Roque
Almudena
Brian
Jesús

GRUPO III
Andrea
Kevin
Noemi
Ventura

GRUPO IV
Jose Manuel
Aida
Sara
Cayetano

GRUPO V
Aitana
Anxo
Martín
Noelia

Read more...

Apuntes Unidade Didáctica Bádminton


Estimad@s alumn@s, aqui vos queda a documentación da unidade didáctica de badminton. So tedes que premer no icono do oso xogador.
Un saudiño.

Read more...

Regulamento Básico de Badminton


Bos dias alumnos, aqui vos deixo un extracto do regulamento, onde se recollen as normas de maior interés. Sobre todo, ides a ter que manexalas cando asumades o papel de árbitros no desenvolvemento da liga de clase. 

-->TANTEO:
  • Os partidos disputaranse o mellor de 3 xogos.
  • Un xogador anótase un xogo cando gaña 21 puntos.
  • Si o tanteo chega a 20-20, o lado que consiga dous puntos de diferencia gañara o xogo.
  • Si o tanteo chega a 29-29, o lado que consiga o punto numero 30 gañara o xogo.
  • O lado que gañe un xogo, sacara primeiro no seguinte xogo.
CAMBIO DE LADO:
  • Os xogadores deben cambiar de lado de campo cando se comece o segundo xogo e tamén, cando se inicie o terceiro, si se ten que disputar.
SERVIZO:
  • O servidor e o receptor deben situarse nos cadros de saque diagonalmente opostos sin tocar as liñas de banda destes cadros de saque.
  • Os pes, tanto do sacador como do receptor teñen que estar en contacto coa superficie da pista no momento do saque e ata que este se complete.
  • O volante debe estar por debaixo da cintura no momento no que e golpeado para realizalo saque.
  • O volante ten que proxectarse cara adiante e arriba, de xeito que supere a rede e caia, se non e interceptado, dentro do cadro do receptor.
  • Considerase falta si o servidor, tratando de efectuar o saque, non golpea o volante.
  • O servidor non pode efectuar o saque antes de que o receptor este listo, pero considerase que asi é si o receptor tenta devolver o saque.
XOGO INDIVIDUAIS:
  • Os xogadores deben sacar e recibir desde o seu respectivo cadro de saque dereito cando o servidor aínda non galou ningún punto ou ten un numero par de puntos no seu tanteo.
  • Os xogadores deben sacar e recibir desde o seu respectivo cadro de saque esquerdo cando o servidor aínda non galou ningún punto ou ten un numero impar de puntos no seu tanteo.
  • O servidor e o receptor golpean alternativamente o volante ata que este deixe de estar en xogo.
  • Si o servidor gaña a xogada sumará un punto ao seu tanteo e, sacará de novo desde o outro cadro de saque.
  • Si o receptor gaña a xogada, sumará un punto no seu marcador e, comezará a sacar, desde o lado que lle corresponde en función do seu tanteo.
ERROS NO SERVICIO
Prodúcese un erro no servizo cando un xogador:
  • Saca ou recibe fora de quenda,
  • Saca ou recibe no cadro de saque incorrecto,
  • Si se descobre un erro no servizo, o erro debe ser corrixido e o marcador existente manterase.
FALTAS
É unha falta:
  • Si o saque non é correcto.
  • Si durante o servizo, o volante:
    • Queda atrapado na rede e se mantén suspendido dela.
    • Despois de pasar por encima da rede, queda atrapado nela.
    • Si durante o xogo, o volante:
      • Cae fora dos límites da pista (non sobre nin dentro dos límites).
      • Pasa pola rede ou por debaixo desta.
      • Non pasa a rede.
      • Toca o teito ou as paredes laterais.
      • Toca o corpo ou a roupa do xogador.
      • Queda retido e se mantén na raqueta e a continuación se lanza durante a execución dun golpe.
      • É golpeado dúas veces seguidas polo mesmo xogador en dous golpes.
      • Si, mentres que o volante está en xogo, un xogador:
        • Toca a rede ou os seus soportes coa raqueta, o corpo ou a roupa.
        • Invade a pista do opoñente por encima da rede coa raqueta ou o corpo, excepto si o xogador segue ao volante coa raqueta por encima da rede no transcurso dun golpe.
        • Invade a pista do opoñente por debaixo da rede coa raqueta ou o corpo de tal forma que distraia ou obstaculice a un opoñente.

REPETICIONS
Unha “repetición” poderá ser indicada polo árbitro. Debe ser una repetición si:
  • Si o servidor saca antes de que estea listo o receptor.
  • Si durante o saque cometen unha falta ao mesmo tempo o receptor e o servidor,.
  • Si despois de ser devolto o servizo, o volante queda atrapado na rede e suspendido sobre ela, ou, despois de pasar por encima da rede, queda atrapado na mesma.
  • Si durante o xogo se desintegra o volante e a base se separa por completo do resto do volante.
  • Por calquera acontecemento imprevisto ou fortuíto.
Cando ocorre una repetición, o xogo desde o último saque non vale e o xogador que sirveu saca outra vez.

Read more...

Sobre o autor

Son profesor de Educación Física, amante da natureza e practicante regular de varias modalidades deportivas. Ademais, gústame moito a innovación e admiro a calquera persoa que sexa creativa, calqueria que sexa o seu ámbito.

Sobre este blog

Con esta web tento ofrecer aos meus alumnos unha infomación continua e actualizada sobre cuestións que lle afectan á súa aprendizaxe, tentando que deste xeito, cada un deles tome un papel máis activo na súa formación.

  © Blogger template On The Road by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP