Traballo de Frecuencia Cardiaca, alumnos de 3º


Queridos alumnos, aqui vos deixo a ficha (pinchade na imaxe do corazón) para que poidades cumplimentar os datos que vos mesmos recollestes na sesión. Xa sabedes que se trata dun traballo de clase, que sera preciso entregar en prazo e forma, xa que, vai servir para avaliar unha parte da materia nesta primeira avaliación.

O prazo máximo de entrega vai quedar fixado para o venres 26 de Novembro. Este prazo é IMPROROGABLE, ou sexa, que tentade rematar con el o antes posible e entregalo de forma moi xeitosa.

En clase xa vos expriquei como se realiza o traballo. A continuación desta entrada, un pouco máis abaixo, atoparedes o artigo, que trata sobre a relación da Frecuencia Cadiaca e os diferentes conceptos do metabolismo enerxético. Unha vez lido acordádevos que tedes que completar o traballo coa vosa interpretación persoal.

Para calquera dúbida, xa sabedes que me podedes preguntar en calquera momento ou tamén escribindo un comentario no blog (pinchando na palabra Comentarios que tendes no recadro de aqui abaixo), que eu tentarei responder o axiña que poida. Deixade o voso nome no comentario, para identificarvos.

Read more...

O metabolismo enerxético na actividade física

Atención alumn@s, iste é o artigo que preparei para vos, que vos ten que servir de guia para cumprimentar o traballo nalgún dos seus apartados. Lede con antención e si tendes algunha dúbida, xa sabedes que non tendes máis que preguntar.

O corpo humano require enerxía para realizalas súas funcións:
os latexos do corazón, a respiración, os procesos dixestivos, etc. Pero, en especial, hai unha situación que require, por encima de calquera outra, a aportación de altos niveis de enerxía: a actividade física.
Nesta situación, tódolos sistemas corporais se activan (muscular, respiratorio, cardiocirculatorio, hormonal,...) para afrontar, desde unha mellor posición, as esixencias que o deporte e a actividade física nos solicita. Pasamos dun estado de repouso a un estado de actividade, máis ou menos intensa, que debe ser sostida por algún tipo de combustible. No noso caso, o "carburante" son os diferentes elementos que compoñen a nosa alimentación: hidratos de carbono, graxas, proteinas, vitaminas, minerais... De tódos eles, os que máis importancia teñen como principios enerxéticos son os hidratos de carbono e máis as graxas.
Chamámoslle metabolismo enerxético a tódolos procesos fisiolóxicos que acontecen no corpo co obxectivo de extraer dos nutrientes da alimentación, aqueles elementos que, cando se requira, poden entregar enerxía as estructuras (músculos) que a precisen. Estes "elementos enerxéticos" son os ATP (Adenosin Trifosfato), moléculas que existen en moi puca cantidade dentro das células e que o corpo ten que tentar restaurar, xa que son elas as que trasmiten a enerxía indispensable para qua a parte activa do aparello locomotor, os músculos, funcionen.


Os procesos metabólicos poden desenvolverse de diferentes formas, en función , sobre todo, da cantidade de enerxía que se precise e do tempo no que dura o esforzo muscular. Ás diferentes formas nas que se pode manifestar o metabolismo enerxético chámanselle vias metabólicas.
Existen, a grandes rasgos, dúas vías metabólicas xenéricas: a vía aeróbica e a vía anaeróbica. A diferencia principal é que, mentres que na vía aeróbica a presencia de osixeno é o elemento indispensable na obtención de enerxía, na vía aneróbica, a participaión do osixeno é practicamente innecesaria. Deste xeito, xa podemos ter unha primeira idea das diferentes actividades deportivas que utilizan maioritariamente unha ou outra vía para obter a enerxía que precisan os seus practicantes. Por exemplo, unha carreira de resistencia, un maratón, sería un claro exemplo de actividade aeróbica, mentrás que, unha carreira de 100 metros, sería en maior medida anaeróbica, non crees?
Así, xa podemos apuntar unha das diferencias entre ambas formas de obter a enerxía: a duración do esforzo. Para as actividades deportivas que se prolonguen no tempo varios minutos e incluso horas, a vía utilizada prioritariamente será a aeróbica. Pola contra, aquelas actividades que solo duren uns poucos segundos, utilizarán por defecto a vía anaeróbica.
Máis concretamente:
  • Vía anaeróbica: desde 0'' ata 2'.
  • Vía aeróbica: desde os 2' ata varias horas.
¿Porque sucede isto? Ben, a vía anaeróbica require de menos reaccións químicas para poñerse en marcha e isto conleva un aforro de tempo cando hai un requerimento espontaneo, rápido e curto de enerxía. Así, utilizase esa pequena cantidade de ATP que hai nas células musculares para realizar as contraccións necesarias para o xesto deportivo que estamos a realizar. O problema é que esa pequena reserva so nos permite un esforzo duns 5''. Polo tanto, a partires de aquí e para seguir producindo enerxía, o corpo recurre a unha sustancia que permite "montar "rapidamente ATP dentro da célula sin recorrer a ningun outro proceso. A estas dúas posibilidades, mediante as cales o corpo obten ATP rapidamente a partires das reservas dacélula chámaselle vía aneróbica aláctica. Pero, de novo temos o problema de que este mecanismo so nos da enerxía para manter o esforzo ata os 15'' aproximadamente. Daquela, ponse en marcha outro mecanismo, que si ben tamén é anaeróbico (o osíxeno non participa de forma activa na obtensión de enerxía) custalle máis ao organismo, xa que ten que poñer en marcha unhas reaccións químicas máis laboriosas, utilizando a glucosa que hai no sangue e na célula para obter a partires dela ATP. Ademáis, cando o corpo pasa a este estado, prodúcese como desfeito un elemento, do que moitos oiríades falar, ,o ácido láctico, que é un limitador do esforzo (significa que, a certos niveis de concentracción de ácido láctico, o corpo deixa de ser capaz de realizar esforzo). A esta forma de obter enerxía, anaeróbica, a partires da glucosa, e con aparición de ácido láctico, chámaselle vía anaeróbica láctica, e permite manter o esforzo muscular, como dixemos antes, ata aproximadamente os 2 minutos. A partires daquí, toma o relevo na producción de enerxía a vía aeróbica, que levaba este tempo preparando todas as reaccións químicas para producir enerxía. Efectivamente, orredor de 2 minutos tarda o organismo en ser eficiente na producción de enerxía coa participación indispensable do osixeno. A partires dese tempo, obtense ATP, a partir dos hidratos de carbono primeiro e das graxas despois, por unha serie de reaccións moi custosas pero que dan gran rentabilidade ao organismo (con poucas moléculas de glúcidos ou graxas obtense gran cantidade de enerxía).
Ben, resumindo ata o de agora. Temos duas vías enerxéticas:
- Vía anaeróbica.
  • Anaeróbica aláctica: desde o inicio do esforzo, ata os 15''
  • Anaeróbica láctica: desde os 15'' ata os 2'
- Vía aeróbica. A partires aproximadamente dos 2' ata varias horas de esforzo.


A segunda diferencia que hai entre as diferentes vías enerxéticas e a cantidade de esforzo que permite unha ou outra. Así, para esforzos explosivos, saltos, xestos rápidos e moi intensos, poñerase en marcha a vía anaeróbica para permitir contar cunha gran dose de enerxía nun breve espazo de tempo. Pola contra, para esforzos menos intensos, pero mantidos no tempo, a vía enerxética utilizada principalmente será a aeróbica. Un exemplo: levamos correndo 20 minutos, polo tanto, cunha forma de obter enerxía para o esforzo claramente aeróbica. De repende, saenos un can ao paso, correndo detrás nosa e coa boca aberta, amosando uns dentes que se chegan a cravarse na tua perna, seguro que che chega ao oso. Nese intre, necesitamos un plus de enerxía, que nos permita realizar un acelerón brusco, e incluso, que nos permita facer un salto para subirnos encima do muro que sería a nosa salvación. Ahí e cando se pon en marcha automaticamente o metabolismo anaeróbico, para permitirlle ao corpo facer un esforzo imprevisto, moi intenso e breve.

E por último, tamén temos unha gran diferencia entre ambas vías, xa que cada unha delas maniféstase nunha franxa de traballo do corazón. Así, podemos identificar en que zona estamos en cada momento do noso esforzo. De forma sempre xeral, sin entrar en diferencias individuales, podemos marcar os seguintes limites con respecto a nosa FC máxima:
  • Entre o 50 - 60%: franxa de traballo de recuperación, de moi baixa intensidade, que non serve para mellorar a capacidade de resistencia, ainda que serve para un traballo de perdida de peso. Utiliza como combustible maioritariamente as graxas.
  • Entre o 60 - 70 %: franxa de mellora da capacidade aeróbica. Nesta zona estarei mellorando a miña capacidade de resistencia, a capacidade de manter un esforzo ao largo do tempo. Utiliza como combustible principal o glicóxeno muscular e máis as graxas.
  • Entre o 70 - 80 %: franxa de mellora da potencia aeróbica. Nesta zona estarei mellorando a miña capacidade de utilizar enerxía aeróbica en menos tempo. Non poderemos traballar en estos niveis durante moitos minutos. Como combustible utiliza case exclusivamente glicóxeno.
  • Entre o 80-100%: franxa de traballo anaeróbico, zona de transición entre a obtención de enerxía por medios aeróbicos e anaeróbicos. Traballo de alta intensidade, non recomendable para as vosas idades, ou polo menos, non de forma frecuente.
Pois ata aquí chegou o artigo mozos e mozas. Lembrade que unha parte do traballo consiste en relacionar os datos obtidos nas probas que fixemos coa realidade fisiolóxica de cada un de vos, tentando expricar brevemente que foi o que pasou nos vosos corpos ao largo da sesión, sacando as conclusión que cada un considere máis importantes. Boa sorte !!!!

Read more...

Ficha tipo "SESIÓN"

Boas alumnos do IES MARTAGUISELA, aqui tedes a FICHA, somentes tedes que pinchar no vinculo e desde ali, descargala ou imprimila. Se tes dúbidas, deixa un comentario, indicando nome e curso. Aburrrrr !!!!

Read more...

Aventuras do V Raid Kaliber Andalucia

Realmente, penso que temos mala sorte. Este ano era o noso. Era a nosa posibilidade de facer un grandísimo papel, de refrendar con un posto de honra, a nosa labor, o nos traballo e adicación constante en prol de acadar un perfecto estado do noso cabalo para as xornadas altamente esixentes as que se ten que afrontar nesta competición deportiva. Despois de vir dunha pasada edición, que xa comezamos con mal pe, coa nosa montura saíndo dunha lesión articular, que o condicionou totalmente, na que os resultados non acompañaron en absoluto, e onde as nosas maiores labores estaban orientadas a recuperación en lugar de a propia actividade competitiva, este ano tiñamos a confianza de facelo ben.
A nosa egua estaba preparada. Tiña un bo traballo enriba. Estaba forte e por enriba, e un animal que nunca se ven abaixo. Pola contra, médrase nas competicións.

Pero tampouco este ano puido ser. Soamente a 64 quilómetros do final do raid, despois de percorrer máis de 400 se acabou o noso soño, as nosas ilusións. Estábamos daquela na loita directa polo segundo posto, e, rematada esa xornada colocariámonos nesa posición da clasificación, con aproximadamente, 25 minutos de diferencia sobre a terceira clasificada. Esa diferencia permitiría un plantexamento moi cómodo para a última etapa, que consistiría basicamente no control sobre as dúas alemanas que nos seguirían en 3º e 4º posto. Sinxelo, xa que a diferencia o permitía. Pero non suceden as cousas case nunca como un as plantexa. Primeiro control, despois dunha primeira fase dura, pola Serra de Baza. David chega fresco, a bo ritmo, 40 minutos antes do previsto e presumiblemente 40 minutos por diante das alemanas (como así logo contrastamos). Non hai coxeira, a inflamación que os dias previos arrastraba desapareceu. Os catro remos están limpos, novos, poderosos. A egua sobrada de enerxía. A choiva provoca nela ese efecto. A intensa auga e saraiba que a refrescaron durante a fase espértana e vólvena inmensa, desafiante, arrogante. Tres minutos foi o tempo que adicamos para preparala para entrar no Vet-Gate. Tres minutos parada que desencadearon todo o posterior. A lesión que parecía oculta polo movemento mostrouse no momento do trote. Coxea de xeito evidente, non hai lugar a dúbidas. So queda unha posibilidade, que poida pasar este control e retirala, co que a penalización so vai ser de 30 minutos. Maña xa veremos o que faremos, saír, non saír... Pero hoxe, temos 35 minutos para mellorar o funcionamento desa man esquerda. As bolsas de xeo que acabo de recoller utilízanse de xeito inmediato. Arrefriamento do balde de auga e introdución da eivada man dentro. Ela deixase facer, confía en nos e nos confiamos en que o efecto analxésico e antiinflamatorio deste elemento nos bote unha pequena man. So iso. So queremos pasar o control. 20 minutos e alternar con paseo, mobilización das estruturas, que parece que a ela lle funciona tan ben. Pero non desta vez. Entramos ao control e a súa lesión, agora si que non se deixa camuflar, nin mellorar. Ten unha lesión grave. Retiramos a Yauma e metémola no remolque. Quedo con ela e penso sobre todo no inxusto que é a situación, sobre todo por ela. Despois de entregarse completamente, é probable que non teña o recoñecemento que unha boa labor realizada lle deixa a aquel que a fai.


O demais, hoxe, xa non importa. Sucederon máis cousas, que, pasados os días, son so reflexo da impotencia que provoca unha situación coma esta. O resultado tamén perdeu importancia. Esta todo nas crónicas escritas. Estamos esperando a resolución dunha reclamación que fixemos, para solicitar a revisión dos resultados, xa que estimamos que as cousas non mostran a xustiza que nos reclamamos. Pero iso, xa non ten importancia.


Read more...

Cronica Vig-Bay 2010

Desde que empecei no mundo do running (nesta ocasión, a máis seria, desde o mes de Xuño pasado) sempre quixen facer esta carreira. Non sei si é o nome, que suscita un xogo de palabras redondo, a afluencia de xente e corredores que a disputan, ou o enclave e o traxecto polo que discorre, que coñecin cando, fai xa algúns anos, traballei por esa zona.
Esta vez , finalmente, si vai poder ser. Despois de facer dúas medias, e cunha limitación importante de kilometraxe nos últimos tres meses, a tenor das miñas mantidas e sufridas dores ciáticas, sexa como sexa, finalmente vai ser.Levo semanas esperando o momento e, a medida que se acerca o día, este convirtese, sin darme conta, sin querer, na cita deportiva máis importante que eu recorde dos meus últimos anos deportivos.A presenza de corredores é multitudinaria. Despois confírmase a participación de máis de 3500 atletas, dos que, creo recordar, acabaron sobre 2800. A calor tamén se percibe con claridade, e é un elemento do que, normalmente, non me gusta ir acompañado. Rindo mal coa calor, sufro continuamente cambios de temperatura e enfriamentos durante a carreira. Teño malas experiencias ao respecto, desde os meus tempos mozos, alo cando tiña 19 anos e tiven que adestrar duramente un verán.
O meu obxectivo está claro, ainda que non está tan claro as posibilidades que teño de acadalo. Vou para 1:30:00. En realidade, baixar desa marca, que é a mellor marca que atesouro. Porén, son consciente de que estou moi lexos do volume de adestramento que tiña daquela, ainda que me respalda o feito de que esta, segundo o perfil, presenta unha dureza inferior a de Ferrol, convertíndoa daquela en máis asequible.
Comeza a carreira e vólvese increible o colorido da serpe multicolor formada por tantos corredores. Os primeiros quilómetros son por Samil, chan, indo e volvendo pola avenida. Neses primeiros momentos o ritmo é alto, 3:52, tendo en conta que o ritmo de carreira para acadar o obxectivo ten que andar nos 4:15. Deste xeito, no momento no que a carreira comeza a picar para arriba, regulo o ritmo e acomódome aos meus compañeiros improvisados de viaxe que tamén rodan a esa velocidade. Primeira auga Km 5. Primeiras malas sensacións nada máis beber. Pouco despois, primeiras sombras no percorrido, despois de facer uns 25 minutos ao sol, por onde nos mandan correr para liberar un dos carris, permitíndolles aos vehículos da carreira progresar sen problema. Empeza aí mesmo o calvario. Ben me acordo. Km 7 e enfriamento drástico e contundente. O rendemento cae ata o chan e véxome trotando a ritmo imposible, como si durmira. Durante a carreira debéronme pasar unhas 500 persoas sin esaxerar e neste punto comeza o goteo. Cando penso que ainda faltan case 14 quilómetros, non o podo crer. Inmediatamente veñen as esponxas de auga, que tanto desexei durante os primeiros metros e que agora teño que desestimar se non quero que me dea un síncope. Así que sigo adiante agarrándome ao que podo. Quilómetro 10 e máis auga. Bebo. É importante para non empeorar pero malditas as gañas que teño. Ademáis, teño que tomar un xel e é imprescindible beber con el.
No 12,5 máis esponxas. Agora sí me arrisco e tomo unha que utilizao para refrescarme. A cara sobre todo. A sensación é agradable pero coartome a utilizala moito por si volven as malas sensacións. E volven. 5 veces sufrín esa especie de corte de dixestión, alteración intestinal, síncope por frío. Aprendín a apreciar as molestias no fígado xa fai tempo. Esta tentando realizar o seu traballo, sintetizando glucóxeno. Pero non está nestes momentos ben traballado para as esixencias que lle estou solicitando. Por iso protesta. O bo e que sei que nuns poucos quilómetros mellorará. Pero doe moito. Quilómetro 15. Non suo nada. Vou seco. Dame mala espiña e estou pendiente da información que me manda o corpo, por si este pasa a un nivel de extraño funcionamento. Non estou seguro de rematar. Sería unha pena, sería terrible. Sería unha derrota. Pero quizais sexa necesario. Ainda que de selo, aínda non é o momento. Nunca me distinguín por ningunha cousa especial no deporte, a non ser pola capacidade de sufrimento que teño. Non acado grandes marcas, pero acadoas. Unha ducha caseira a disposición dos atletas. Saco a gorra e a por ela. É demasiado breve e non notas sensacións de frescura.
Nunca sabes como vai a funcioar o teu corpo. Eu por exemplo, a partires do quilómetro 16 comenzo a notar unha melloría. Non estou para tirar cohetes pero si avanzo máis comodo. Agora vexo a posibilidade rematar, ainda que, cando chegas a Praia América e ves aínda o que falta para Baiona, o mundo vénseme encima. Non se hai que deixar vencer por esas percepcións e so queda seguir adiante. Deixando atrás toda a praia, e tamén as Cheer Leaders que animan o paso virás cara a Ramallosa. Xa tiña corrido por ahí moitas veces e coñezo o perfil. Agora, xa so queda andar chan ata entrar en Baiona. Quilómetro 20. Estou na entrada e empezo a calcular onde estará situada a meta. Supoño que xunto o parque,a carón da entrada para o Parador. Hai xente a montóns. Animan e moito, aplauden, berran. É todo un privilexio. Xa se ve a pancarta de meta. So 300 metros. Durante a carreira e a partires do quilómetro 10, deixei de mirar o reloxio. Xa non me importa, ainda que sei que farei un mal tempo. As prioridades e obxectivos da carreira mudaron ó longo da mesma. Agora estou acadando o que fai pouco dubidaba. Aínda así, atraveso a meta e vexo enriba miña o crono, que comparo co crono que levo no pulso. Non hai lugar a dúbidas. Mal tempo. 1:40:27. 10 minutos por encima do pretendido. Deben ser como 35´´ máis lento por cada quilómetro.
Aíse que resignar. Mal día. De tanto escoitalo parece que o cres, pero eso non alivia a frustración. En limpo, mala preparación, mala programación e pésima regularidade. O positivo: tempo moi asequible para melloralo o vindeiro ano.

Read more...

Tema 4 Discapacitados


Podedes descargar xa o tema correspondente á discapacidade auditiva. Acordádevos que o exame e o vindeiro día 17 de Marzo.

Read more...

Recordatorio de datas 2ª avaliación





Read more...

Fichas de sesións



Nen@s, ao final, vouvos a ter que facer eu o traballo. Nos vos preocupedes que o ficheiro tamén volo preparo eu (a ti non Martina, que ti eres moi perfeccionista - Jasus!!).
Dende o enlace, pichando na foto, tendes as 5 sesións que teño recollidas desde a volta de Nadal. O resto das semanas, pensade no que fixemos, ou si non, revisade as vosas notas de clase para recordar os xogos propostos, je, je, je.

Perdoade polo retraso, quedei de poñelas o venres pero tiven un very busy weekend!! See you.

Read more...

30 xogos


Señores de 1º de TSAFID, é aquí un documento que igual vos interesa. Trátase dun recopilatorio de xogos, que reune 30 propostas. O nivel ao que vai dirixido é Primaria, nenos de ata 12 anos. Revisadeos, que seguro que vos sirven de axuda.


Read more...

Manual básico de signos


Témoslle que agradecer, en primeiro lugar, a nosa compañeira Marta de 1º, a cesión deste interesante material que espero vos sexa de proveito. Este manual foi elaborado polo equipo de docentes do Ciclo Técnico Superior en interpretación de lingua de signos española do CIFP Anxel Casal, en Montealto. Para eles a felicitación por este traballo tan ben desenvolvido.

Read more...

Tema 4 Módulo XOGOS


Aqui vos deixo os apuntes do tema 4, que trata sobre o papel do técnico na animación de xogos e actividades de ocio.

Read more...

Folga Xeral

Hoxe, alumnos, estou en FOLGA. Quero aportar o meu gran de area co obxectivo de preservar e manter a presencia do galego no ensino.
Como seguro que veredes na televisión ou en La Voz de Galicia, a manifestación que se preparou en Santiago, como resposta contudente a unha política linguística exterminadora co idioma galego, foi todo un éxito en canto a participación. A verdade e que me sorprendeu gratamente a afluencia de participantes. E sobre todo, cando vin o tipo de xente que acudiu. Moita, moita, moita xente nova. E xente nova moi activa, moi involucrada.
Por qué vou a folga? porque me sinto responsable do que lle pase a unha sinal de identidade de tódolos galegos;a nosa lingua, porque quero loitar contra unha situación de desvantaxa do galego con respecto a outra lingua que non é da nosa terra; porque os datos din que existe un claro retroceso na utilización do galego e que a tendencia é de empeoramento; porque estou canso da situación de menosprecio social ao que se somete o galego, desde tempos de represión lingúistica que ningún de nos lembra; porque, coma toda especie en perigo de extinción, merece a pena tentar salvala; porque cando sinto falar galego alégraseme o corazón, coma si oilo formase parte das necesidades do meu espírito; porque unha redución ata o 30% da súa utilización nas materias educativas paréceme unha infrautilización e porque, de non facer nada, pronto se convertirá nunha lingua morta.
Así que, por todo isto, podo decir ben forte que:

Read more...

Deixa o teu comentario !!!

Neste apartado, pódedes deixar calquera aportación que queirades: opinións, críticas, obxecións, saúdos, ....

Read more...

Tema 3 Módulo DISCAPACITADOS



Aquí tendes os apuntes correspondentes ao Tema 3

Read more...

Resultados dos Test


Querid@s alumn@s, aqui tedes as resultados das probas que vos pasei na primeira avaliación e que deron lugar as notas que colleitastes na mesma. Algúns son moi bos resultados e outros non tanto, polo que a estes últimos, animos para que vaian mellorando.

RESULTADOS 1º A
RESULTADOS 1º B
RESULTADOS 1º C
RESULTADOS 1º D
RESULTADOS 1º E

Read more...

Tema 3 Módulo XOGOS



Enlace para poder descargar o TEMA 3, que trata sobre o Ficheiro de Xogos.

Read more...

Fotos da Xornada de Dano Cerebral Adquirido

Aqui van algunhas fotos !!!


Read more...

Ficheiro de Xogos

Aqui tedes o meu modelo de FICHA para a recollida dos xogos que teñades que presentar máis adiante (pincha no enlace para obter o modelo).

Read more...

Video Iron Man especial

Un fillo preguntoulle ao seu pai: "Papá, ¿queres participar nun maratón comigo?"
O pai, a pesares de ter unha enfermidade do corazón, dixo "Sí".
Completaron o seu primeiro maratón xuntos.
Pai e fillo foron xuntos a outros maratónss; o pai sempre lle decía "sí" as peticións do seu fillo para participar xuntos nas carreiras.
Un día, o fillo díxolle a seu pai: "Papá, imos a participar nun Ironman xuntos. Ao cal, o swu pai lle dixo: "Sí".
Para aqueles que non o saibades, o Ironman é a proba de triatlón máis dura do mundo: 3800 metros a nado, 180 kilómetros en bicicleta e 42 kilómetros de carreira a pe.

Read more...

Bibliografía interesante

Ben rapaces, acabo de subir uns cuantos documentos, que atopei por internet. Tratase de algúns libros e manuais que vos poden interesar, sobre os aspectos específicos das persoas con síndrome de Down.

Velai van:

Programa español de salud para personas con Sindrome de Down.

Programa para la enseñanza de las habilidades sociales en el hogar.
¡Estoy en plena forma!.

Podédelos baixar, ler e comentar en clase.

Read more...

Sobre o autor

Son profesor de Educación Física, amante da natureza e practicante regular de varias modalidades deportivas. Ademais, gústame moito a innovación e admiro a calquera persoa que sexa creativa, calqueria que sexa o seu ámbito.

Sobre este blog

Con esta web tento ofrecer aos meus alumnos unha infomación continua e actualizada sobre cuestións que lle afectan á súa aprendizaxe, tentando que deste xeito, cada un deles tome un papel máis activo na súa formación.

  © Blogger template On The Road by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP