Folga Xeral

Hoxe, alumnos, estou en FOLGA. Quero aportar o meu gran de area co obxectivo de preservar e manter a presencia do galego no ensino.
Como seguro que veredes na televisión ou en La Voz de Galicia, a manifestación que se preparou en Santiago, como resposta contudente a unha política linguística exterminadora co idioma galego, foi todo un éxito en canto a participación. A verdade e que me sorprendeu gratamente a afluencia de participantes. E sobre todo, cando vin o tipo de xente que acudiu. Moita, moita, moita xente nova. E xente nova moi activa, moi involucrada.
Por qué vou a folga? porque me sinto responsable do que lle pase a unha sinal de identidade de tódolos galegos;a nosa lingua, porque quero loitar contra unha situación de desvantaxa do galego con respecto a outra lingua que non é da nosa terra; porque os datos din que existe un claro retroceso na utilización do galego e que a tendencia é de empeoramento; porque estou canso da situación de menosprecio social ao que se somete o galego, desde tempos de represión lingúistica que ningún de nos lembra; porque, coma toda especie en perigo de extinción, merece a pena tentar salvala; porque cando sinto falar galego alégraseme o corazón, coma si oilo formase parte das necesidades do meu espírito; porque unha redución ata o 30% da súa utilización nas materias educativas paréceme unha infrautilización e porque, de non facer nada, pronto se convertirá nunha lingua morta.
Así que, por todo isto, podo decir ben forte que:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Sobre o autor

Son profesor de Educación Física, amante da natureza e practicante regular de varias modalidades deportivas. Ademais, gústame moito a innovación e admiro a calquera persoa que sexa creativa, calqueria que sexa o seu ámbito.

Sobre este blog

Con esta web tento ofrecer aos meus alumnos unha infomación continua e actualizada sobre cuestións que lle afectan á súa aprendizaxe, tentando que deste xeito, cada un deles tome un papel máis activo na súa formación.

  © Blogger template On The Road by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP