Cronica Vig-Bay 2010

Desde que empecei no mundo do running (nesta ocasión, a máis seria, desde o mes de Xuño pasado) sempre quixen facer esta carreira. Non sei si é o nome, que suscita un xogo de palabras redondo, a afluencia de xente e corredores que a disputan, ou o enclave e o traxecto polo que discorre, que coñecin cando, fai xa algúns anos, traballei por esa zona.
Esta vez , finalmente, si vai poder ser. Despois de facer dúas medias, e cunha limitación importante de kilometraxe nos últimos tres meses, a tenor das miñas mantidas e sufridas dores ciáticas, sexa como sexa, finalmente vai ser.Levo semanas esperando o momento e, a medida que se acerca o día, este convirtese, sin darme conta, sin querer, na cita deportiva máis importante que eu recorde dos meus últimos anos deportivos.A presenza de corredores é multitudinaria. Despois confírmase a participación de máis de 3500 atletas, dos que, creo recordar, acabaron sobre 2800. A calor tamén se percibe con claridade, e é un elemento do que, normalmente, non me gusta ir acompañado. Rindo mal coa calor, sufro continuamente cambios de temperatura e enfriamentos durante a carreira. Teño malas experiencias ao respecto, desde os meus tempos mozos, alo cando tiña 19 anos e tiven que adestrar duramente un verán.
O meu obxectivo está claro, ainda que non está tan claro as posibilidades que teño de acadalo. Vou para 1:30:00. En realidade, baixar desa marca, que é a mellor marca que atesouro. Porén, son consciente de que estou moi lexos do volume de adestramento que tiña daquela, ainda que me respalda o feito de que esta, segundo o perfil, presenta unha dureza inferior a de Ferrol, convertíndoa daquela en máis asequible.
Comeza a carreira e vólvese increible o colorido da serpe multicolor formada por tantos corredores. Os primeiros quilómetros son por Samil, chan, indo e volvendo pola avenida. Neses primeiros momentos o ritmo é alto, 3:52, tendo en conta que o ritmo de carreira para acadar o obxectivo ten que andar nos 4:15. Deste xeito, no momento no que a carreira comeza a picar para arriba, regulo o ritmo e acomódome aos meus compañeiros improvisados de viaxe que tamén rodan a esa velocidade. Primeira auga Km 5. Primeiras malas sensacións nada máis beber. Pouco despois, primeiras sombras no percorrido, despois de facer uns 25 minutos ao sol, por onde nos mandan correr para liberar un dos carris, permitíndolles aos vehículos da carreira progresar sen problema. Empeza aí mesmo o calvario. Ben me acordo. Km 7 e enfriamento drástico e contundente. O rendemento cae ata o chan e véxome trotando a ritmo imposible, como si durmira. Durante a carreira debéronme pasar unhas 500 persoas sin esaxerar e neste punto comeza o goteo. Cando penso que ainda faltan case 14 quilómetros, non o podo crer. Inmediatamente veñen as esponxas de auga, que tanto desexei durante os primeiros metros e que agora teño que desestimar se non quero que me dea un síncope. Así que sigo adiante agarrándome ao que podo. Quilómetro 10 e máis auga. Bebo. É importante para non empeorar pero malditas as gañas que teño. Ademáis, teño que tomar un xel e é imprescindible beber con el.
No 12,5 máis esponxas. Agora sí me arrisco e tomo unha que utilizao para refrescarme. A cara sobre todo. A sensación é agradable pero coartome a utilizala moito por si volven as malas sensacións. E volven. 5 veces sufrín esa especie de corte de dixestión, alteración intestinal, síncope por frío. Aprendín a apreciar as molestias no fígado xa fai tempo. Esta tentando realizar o seu traballo, sintetizando glucóxeno. Pero non está nestes momentos ben traballado para as esixencias que lle estou solicitando. Por iso protesta. O bo e que sei que nuns poucos quilómetros mellorará. Pero doe moito. Quilómetro 15. Non suo nada. Vou seco. Dame mala espiña e estou pendiente da información que me manda o corpo, por si este pasa a un nivel de extraño funcionamento. Non estou seguro de rematar. Sería unha pena, sería terrible. Sería unha derrota. Pero quizais sexa necesario. Ainda que de selo, aínda non é o momento. Nunca me distinguín por ningunha cousa especial no deporte, a non ser pola capacidade de sufrimento que teño. Non acado grandes marcas, pero acadoas. Unha ducha caseira a disposición dos atletas. Saco a gorra e a por ela. É demasiado breve e non notas sensacións de frescura.
Nunca sabes como vai a funcioar o teu corpo. Eu por exemplo, a partires do quilómetro 16 comenzo a notar unha melloría. Non estou para tirar cohetes pero si avanzo máis comodo. Agora vexo a posibilidade rematar, ainda que, cando chegas a Praia América e ves aínda o que falta para Baiona, o mundo vénseme encima. Non se hai que deixar vencer por esas percepcións e so queda seguir adiante. Deixando atrás toda a praia, e tamén as Cheer Leaders que animan o paso virás cara a Ramallosa. Xa tiña corrido por ahí moitas veces e coñezo o perfil. Agora, xa so queda andar chan ata entrar en Baiona. Quilómetro 20. Estou na entrada e empezo a calcular onde estará situada a meta. Supoño que xunto o parque,a carón da entrada para o Parador. Hai xente a montóns. Animan e moito, aplauden, berran. É todo un privilexio. Xa se ve a pancarta de meta. So 300 metros. Durante a carreira e a partires do quilómetro 10, deixei de mirar o reloxio. Xa non me importa, ainda que sei que farei un mal tempo. As prioridades e obxectivos da carreira mudaron ó longo da mesma. Agora estou acadando o que fai pouco dubidaba. Aínda así, atraveso a meta e vexo enriba miña o crono, que comparo co crono que levo no pulso. Non hai lugar a dúbidas. Mal tempo. 1:40:27. 10 minutos por encima do pretendido. Deben ser como 35´´ máis lento por cada quilómetro.
Aíse que resignar. Mal día. De tanto escoitalo parece que o cres, pero eso non alivia a frustración. En limpo, mala preparación, mala programación e pésima regularidade. O positivo: tempo moi asequible para melloralo o vindeiro ano.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Sobre o autor

Son profesor de Educación Física, amante da natureza e practicante regular de varias modalidades deportivas. Ademais, gústame moito a innovación e admiro a calquera persoa que sexa creativa, calqueria que sexa o seu ámbito.

Sobre este blog

Con esta web tento ofrecer aos meus alumnos unha infomación continua e actualizada sobre cuestións que lle afectan á súa aprendizaxe, tentando que deste xeito, cada un deles tome un papel máis activo na súa formación.

  © Blogger template On The Road by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP