O metabolismo enerxético na actividade física
Atención alumn@s, iste é o artigo que preparei para vos, que vos ten que servir de guia para cumprimentar o traballo nalgún dos seus apartados. Lede con antención e si tendes algunha dúbida, xa sabedes que non tendes máis que preguntar.
O corpo humano require enerxía para realizalas súas funcións:
os latexos do cora
zón, a respiración, os procesos dixestivos, etc. Pero, en especial, hai unha situación que require, por encima de calquera outra, a aportación de altos niveis de enerxía: a actividade física.
os latexos do cora
zón, a respiración, os procesos dixestivos, etc. Pero, en especial, hai unha situación que require, por encima de calquera outra, a aportación de altos niveis de enerxía: a actividade física.Nesta situación, tódolos sistemas corporais se activan (muscular, respiratorio, cardiocirculatorio, hormonal,...) para afrontar, desde unha mellor posición, as esixencias que o deporte e a actividade física nos solicita. Pasamos dun estado de repouso a un estado de actividade, máis ou menos intensa, que debe ser sostida por algún tipo de combustible. No noso caso, o "carburante" son os diferentes elementos que compoñen a nosa alimentación: hidratos de carbono, graxas, proteinas, vitaminas, minerais... De tódos eles, os que máis importancia teñen como principios enerxéticos son os hidratos de carbono e máis as graxas.
Chamámoslle metabolismo enerxético a tódolos procesos fisiolóxicos que acontecen no corpo co o
bxectivo de extraer dos nutrientes da alimentación, aqueles elementos que, cando se requira, poden entregar enerxía as estructuras (músculos) que a precisen. Estes "elementos enerxéticos" son os ATP (Adenosin Trifosfato), moléculas que existen en moi puca cantidade dentro das células e que o corpo ten que tentar restaurar, xa que son elas as que trasmiten a enerxía indispensable para qua a parte activa do aparello locomotor, os músculos, funcionen.
Os procesos metabólicos poden desenvolverse de diferentes formas, en función , sobre todo, da cantidade de enerxía que se precise e do tempo no que dura o esforzo muscular. Ás diferentes formas nas que se pode manifestar o metabolismo enerxético chámanselle vias metabólicas.
Existen, a grandes rasgos, dúas vías metabólicas xenéricas: a vía aeróbica e a vía anaeróbica. A diferencia principal é que, mentres que na vía aeróbica a presencia de osixeno é o elemento indispensable na obtención de enerxía, na vía aneróbica, a participaión do osixeno é practicamente innecesaria. Deste xeito, xa podemos ter unha primeira idea das diferentes actividades deportivas que utilizan maioritariamente unha ou outra vía para obter a enerxía que precisan os seus practicantes. Por exemplo, unha carreira de resistencia, un maratón, sería un claro exemplo de actividade aeróbica, mentrás que, unha carreira de 100 metros, sería en maior medida anaeróbica, non crees?
Así, xa podemos apuntar unha das diferencias entre ambas formas de obter a enerxía: a duración do esforzo. Para as actividades deportivas que se prolonguen no tempo varios minutos e incluso horas, a vía utilizada prioritariamente será a aeróbica. Pola contra, aquelas actividades que solo duren uns poucos segundos, utilizarán por defecto a vía anaeróbica.
Máis concretamente:
Chamámoslle metabolismo enerxético a tódolos procesos fisiolóxicos que acontecen no corpo co o
bxectivo de extraer dos nutrientes da alimentación, aqueles elementos que, cando se requira, poden entregar enerxía as estructuras (músculos) que a precisen. Estes "elementos enerxéticos" son os ATP (Adenosin Trifosfato), moléculas que existen en moi puca cantidade dentro das células e que o corpo ten que tentar restaurar, xa que son elas as que trasmiten a enerxía indispensable para qua a parte activa do aparello locomotor, os músculos, funcionen.Os procesos metabólicos poden desenvolverse de diferentes formas, en función , sobre todo, da cantidade de enerxía que se precise e do tempo no que dura o esforzo muscular. Ás diferentes formas nas que se pode manifestar o metabolismo enerxético chámanselle vias metabólicas.
Existen, a grandes rasgos, dúas vías metabólicas xenéricas: a vía aeróbica e a vía anaeróbica. A diferencia principal é que, mentres que na vía aeróbica a presencia de osixeno é o elemento indispensable na obtención de enerxía, na vía aneróbica, a participaión do osixeno é practicamente innecesaria. Deste xeito, xa podemos ter unha primeira idea das diferentes actividades deportivas que utilizan maioritariamente unha ou outra vía para obter a enerxía que precisan os seus practicantes. Por exemplo, unha carreira de resistencia, un maratón, sería un claro exemplo de actividade aeróbica, mentrás que, unha carreira de 100 metros, sería en maior medida anaeróbica, non crees?
Así, xa podemos apuntar unha das diferencias entre ambas formas de obter a enerxía: a duración do esforzo. Para as actividades deportivas que se prolonguen no tempo varios minutos e incluso horas, a vía utilizada prioritariamente será a aeróbica. Pola contra, aquelas actividades que solo duren uns poucos segundos, utilizarán por defecto a vía anaeróbica.
Máis concretamente:
- Vía anaeróbica: desde 0'' ata 2'.
- Vía aeróbica: desde os 2' ata varias horas.
¿Porque sucede isto? Ben, a vía anaeróbica require de menos reaccións químicas para poñerse en marcha e isto conleva un aforro de tempo cando hai un requerimento espontaneo, rápido e curto de enerxía. Así, utilizase esa pequena cantidade de ATP que hai nas células musculares para realizar as contraccións necesarias para o xesto deportivo que estamos a realizar. O problema é que esa pequena reserva so nos permite un esforzo duns 5''. Polo tanto, a partires de aquí e para seguir producindo enerxía, o corpo recurre a unha sustancia que permite "montar "rapidamente ATP dentro da célula sin recorrer a ningun outro proceso. A estas dúas posibilidades, mediante as cales o corpo obten ATP rapidamente a partires das reservas dacélula chámaselle vía aneróbica aláctica. Pero, de novo temos o problema de que este mecanismo so nos da enerxía para manter o esforzo ata os 15'' aproximadamente. Daquela, ponse en marcha outro mecanismo, que si ben tamén é anaeróbico (o osíxeno non participa de forma activa na obtensión de enerxía) custalle máis ao organismo, xa que ten que poñer en marcha unhas reaccións químicas máis laboriosas, utilizando a glucosa que hai no sangue e na célula para obter a partires dela ATP. Ademáis, cando o corpo pasa a este estado, prodúcese como desfeito un elemento, do que moitos oiríades falar, ,o ácido láctico, que é un limitador do esforzo (significa que, a certos niveis de concentracción de ácido láctico, o corpo deixa de ser capaz de realizar esforzo). A esta forma de obter enerxía, anaeróbica, a partires da glucosa, e con aparición de ácido láctico, chámaselle vía anaeróbica láctica, e permite manter o esforzo muscular, como dixemos antes, ata aproximadamente os 2 minutos. A partires daquí, toma o relevo na producción de enerxía a vía aeróbica, que levaba este tempo preparando todas as reaccións químicas para producir enerxía. Efectivamente, orredor de 2 minutos tarda o organismo en ser eficiente na producción de enerxía coa participación indispensable do osixeno. A partires dese tempo, obtense ATP, a partir dos hidratos de carbono primeiro e das graxas despois, por unha serie de reaccións moi custosas pero que dan gran rentabilidade ao organismo (con poucas moléculas de glúcidos ou graxas obtense gran cantidade de enerxía).
Ben, resumindo ata o de agora. Temos duas vías enerxéticas:- Vía anaeróbica.
- Anaeróbica aláctica: desde o inicio do esforzo, ata os 15''
- Anaeróbica láctica: desde os 15'' ata os 2'

A segunda diferencia que hai entre as diferentes vías enerxéticas e a cantidade de esforzo que permite unha ou outra. Así, para esforzos explosivos, saltos, xestos rápidos e moi intensos, poñerase en marcha a vía anaeróbica para permitir contar cunha gran dose de enerxía nun breve espazo de tempo. Pola contra, para esforzos menos intensos, pero mantidos no tempo, a vía enerxética utilizada principalmente será a aeróbica. Un exemplo: levamos correndo 20 minutos, polo tanto, cunha forma de obter enerxía para o esforzo claramente aeróbica. De repende, saenos un can ao paso, correndo detrás nosa e coa boca aberta, amosando uns dentes que se chegan a cravarse na tua perna, seguro que che chega ao oso. Nese intre, necesitamos un plus de enerxía, que nos permita realizar un acelerón brusco, e incluso, que nos permita facer un salto para subirnos encima do muro que sería a nosa salvación. Ahí e cando se pon en marcha automaticamente o metabolismo anaeróbico, para permitirlle ao corpo facer un esforzo imprevisto, moi intenso e breve.
E por último, tamén temos unha gran diferencia entre ambas vías, xa que cada unha delas maniféstase nunha franxa de traballo do corazón. Así, podemos identificar en que zona estamos en cada momento do noso esforzo. De forma sempre xeral, sin entrar en diferencias individuales, podemos marcar os seguintes limites con respecto a nosa FC máxima:
- Entre o 50 - 60%: franxa de traballo de recuperación, de moi baixa intensidade, que non serve para mellorar a capacidade de resistencia, ainda que serve para un traballo de perdida de peso. Utiliza como combustible maioritariamente as graxas.
- Entre o 60 - 70 %: franxa de mellora da capacidade aeróbica. Nesta zona estarei mellorando a miña capacidade de resistencia, a capacidade de manter un esforzo ao largo do tempo. Utiliza como combustible principal o glicóxeno muscular e máis as graxas.
- Entre o 70 - 80 %: franxa de mellora da potencia aeróbica. Nesta zona estarei mellorando a miña capacidade de utilizar enerxía aeróbica en menos tempo. Non poderemos traballar en estos niveis durante moitos minutos. Como combustible utiliza case exclusivamente glicóxeno.
- Entre o 80-100%: franxa de traballo anaeróbico, zona de transición entre a obtención de enerxía por medios aeróbicos e anaeróbicos. Traballo de alta intensidade, non recomendable para as vosas idades, ou polo menos, non de forma frecuente.
4 comentarios:
k alguien me esplike lo d relacionarlos datos
Moi ben Anónimo, hai varias cousas que podes relacionar con respecto a este artigo. Podes centrarte no tipo de metabolismo que, en maior medida, empregaches ao longo da sesion na que rexistraches a tua FC. Iso pódelo deducir comparando as % da tua FC cos marxes que aparecen no artigo. Por exemplo, si na maior parte do tempo andiveches nunhas marxes entre o 60 e o 80 %, sabes que estiveches desenvolvendo un traballo de tipo aeróbico verdade. A partires de ahí, podes comentar que tipo de combustible utilizaches na sesión tamén, dato que obterás si lees con atención. Estas son algunhas posibilidades, pero seguro que ti atops ainda máis. Un saúdo.
gracias
Y LO DE RELACION DE METABOLISMO ENERXETICO
Publicar un comentario