2ª Parte do Exame
Boas noites alumnos, estas son as cuestions plantexadas no exame do luns. Agora, so tedes que buscar informacion ao respecto. Cada un de vos e probable que se decante por diferentes orientacions nas respostas e ese é o atractivo deste tipo de tarefas.
1. Define os seguintes conceptos:
- Equilibrio homeostático.
- Principios de adestramento deportivo.
- Carga de adestramento.
2. Explica as diferencias entre carga de adestramento e exercicio fisico.
3. Define cada unha das capacidades fisicas e as suas diferentes manifestacións.
4. Elixe 6 deportes e explica as capacidades fisicas que interveñen.
5. Sinala e explica cada un dos principios de adestramento que coñezas e xustifica a sua utilidade no proceso de adestramento dunha capacidade física.
Existen en Internet moitas paxinas onde podedes consultar informacion. Entre elas eu recomendovos:
- O buscador Googlefi, especializado en temas de educacion fisica
- Paxina de Felipe Isidro.
- Blog do IES Sanchez Canton
- Outro Blog de Educacion Fisica
- A revista dixital Educacion Fisica y Deportes.
E creo que con estos vos chegan. Por suposto, o apoio documental pode proceder de calquera outra fonte: libros, revistas, artigos de periódicos, etc. O que si é imprescindible e que nomeedes en cada aportacion que fagades, a fonte de quen procede a informacion, ok? Hai que respetar aos autores, por suposto.
Un saudo.
2 comentarios:
Profe, no blog de Felipe Isidro é imposible buscar nada, porque con esa foto que hai ó principio, xa perdes toda a concentración jajajajajaja.
Alberto, non te vaias :(
Publicar un comentario